Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (423/2013).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 423/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Luz Veiga Sánchez contra a empresa Bogar Asistencia, S.L., Galicia Saudade, S.L., Administración Concursal de Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L., Fogasa, Concello de Sada, sobre despedimento, se ditou resolución nesta data, dirixida, entre outras, a Galicia Saudade, S.L., contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días; os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de outubro de 2013

A secretaria xudicial