Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45818

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras

EDICTO (58/2013).

María Jesús da Silva Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras, mediante este edicto que no presente procedemento de divorcio 58/2013, seguido por instancia de José Antonio Arias Bao fronte a Hafida Emrani Emrani, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 84/2013.

O Barco de Valdeorras, vinte e un de outubro de dous mil trece.

Fernando Barcia González, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Barco de Valdeorras e o seu partido, despois de ver estes autos de divorcio 58/2013, seguidos ante este xulgado, no cal comparece como demandante José Antonio Arias Bao, con procurador dos tribunais José Luis Fernández Martínez, e doutra, como demandada, Hafida Emrani Emrani, en situación de rebeldía procesual.

E encontrándose a dita demandada, Hafida Emrani Emrani, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma a esta.

O Barco de Valdeorras, 21 de outubro de 2013

A secretaria xudicial