Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Martes, 26 de novembro de 2013 Páx. 45816

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (323/2013).

Neste órgano xudicial tramítase recurso de apelación (LAC) 323/2013, seguido por instancia de Rovedra, S.L. contra Jorge Diz Besada, Alberto Gómez López e Construcciones y Promociones Sarayma, S.L., en que se ditou sentenza con data do 3.10.2013, do teor literal seguinte:

«Vistos en grao de apelación, ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos do procedemento ordinario 191/2010, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 do Porriño, aos cales correspondeu a peza núm. 323/2013, en que aparece como parte apelante-demandante: Rovedra, S.L., representada pola procuradora María Amor Angulo Gascón e asistida polo letrado Julio Teixeira Rodríguez, e como parte apelada-demandada: Jorge Diz Besada, representado polo procurador Manuel Carlos Diz Guedes e asistido polo letrado Domingo Estarque Moreno; Alberto Gómez López, representado polo procurador Juan Manuel Señoráns Arca e asistido pola letrada Clara María Beiro Calvo; e Construcciones y Promociones Sarayma, S.L., que non comparece nesta alzada, sendo relator o maxistrado Francisco Javier Valdés Garrido, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolvemos:

Acéptase parcialmente o recurso de apelación e revógase a sentenza de instancia impugnada, e, en consecuencia, acéptase parcialmente a demanda interposta pola entidade Rovedra, S.L. contra a entidade Construcciones y Promociones Sarayma, S.L., Alberto Gómez López e Jorge Diz Besada, no sentido de condenar solidariamente os ditos demandados:

1. A aboarlle á entidade demandante Rovedra, S.L. a cantidade de 4.128,44 euros, en concepto de importe do custo das obras xa realizadas pola demandante para atallar os problemas urxentes do edificio de litis afectado polos vicios construtivos, máis os correspondentes xuros legais da suma desde a data de interpretación xudicial ata o seu completo pagamento.

2. A realizar pola súa conta as obras necesarias para a reparación dos danos e a emenda das deficiencias construtivas que presenta o inmoble de litis, de conformidade co establecido no informe pericial do arquitecto técnico Sr. Carballas Guisande, presentado co escrito de demanda.

Todo iso sen facer especial imposición tanto das costas procesuais da primeira instancia como das correspondentes á presente alzada.

Fágase devolución á demandante recorrente do depósito constituído para poder recorrer en apelación.

Seguen as rúbricas. Certifico».

Insíroo, concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito, en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Construcciones y Promociones Sarayma, S.L., expido e asino o presente testemuño.

Pontevedra, 16 de outubro de 2013

Mª Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial