Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45779

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de información pública sobre apertura e posta en funcionamento dun centro tecnolóxico de compensadores de dilatación no Cano (Leira).

Macoga, S.A. solicitou deste concello licenza municipal para a apertura e posta en funcionamento dun centro tecnolóxico de compensadores de dilatación no Cano, Leira, concello de Ordes. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde a publicación do último anuncio no Boletín Oficial da provincia ou no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ordes, 19 de novembro de 2013

Manuel Regos Boquete
Alcalde