Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45778

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública sobre modificación puntual do Plan parcial do sector SUD-11. Dorneda-campo de golf (expediente FG 560).

Por Resolución da Alcaldía 4.773, do 13 de novembro de 2013, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do sector SUD-11. Dorneda-campo de golf-Oleiros.

De conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 14 de novembro de 2013

Ángel García Seoane
Alcalde presidente