Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45777

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oímbra

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha residencia de persoas maiores no Terrón (Rabal).

Na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar do día 31 de outubro de 2013, a Corporación Municipal de Oímbra acordou darlle a súa aprobación inicial ao Plan especial de infraestruturas e dotacións no concello de Oímbra, sendo o promotor Manuel Diz Diéguez, co fin de poder construír unha residencia de persoas maiores que se localizará na marxe da estrada nacional 532 no Terrón, Rabal (Oímbra).

De conformidade co establecido no artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, de conformidade coa redacción dada pola Lei 2/2010, do 25 de marzo, este plan especial sométese a información pública, polo prazo dun mes, mediante a inserción deste edicto nas seguintes publicacións:

– DOG, xornal La Región e xornal La Voz de Galicia.

O prazo empezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación efectuada nestes medios, e durante el todas as persoas interesadas poderán facer cantas alegacións e reclamacións xulguen pertinentes.

Oímbra, 18 de novembro de 2013

Alfonso Villarino Rodríguez
Alcalde