Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45773

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muíños

ANUNCIO de licitación do contrato de xestión do servizo público de atención á terceira idade.

De conformidade co acordado pola Xunta de Goberno Local do Concello, o día 10 de xullo de 2013, por medio deste anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de atención á terceira idade Residencia e Centro de Día do concello de Muíños, coas seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Muíños.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

c) Número de expediente: 2013/102.

d) Código CPV: 81311100-3 e 85.312100-0.

2. Perfil de contratante.

Enderezo da internet do perfil de contratante:

(http://www.depourense.es/web/contratacion.htm).

3. Obxecto do contrato.

Contratación da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo de atención á terceira idade Residencia e Centro de Día do concello de Muíños, mediante a explotación do edificio construído coa dita finalidade, na localidade de Mugueimes, deste termo municipal.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

5. Canon anual do contrato.

O tipo mínimo de canon global anual que satisfará ao Concello a concesionaria fíxase na cláusula IV do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), e diferénciase entre os exercicios 2014, 2015 e seguintes:

– Exercicio 2014: canon non inferior a 12.000,00 euros.

– Exercicio 2015 e seguintes: canon non inferior a 18.000,00 euros.

6. Duración do contrato.

O prazo máximo de duración do contrato será de 20 anos (cláusula V do PCAP).

7. Garantías exixidas (cláusulas VI e VII do PCAP).

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 24.000,00 euros.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Muíños.

b) Enderezo: praza San Rosendo, nº 1.

c) Localidade e CP: Mugueimes, 32880 (Concello de Muíños).

d) Teléfono: 988 45 64 03.

e) Fax: 988 45 64 80.

f) Enderezo de correo electrónico: concello.muinos@eidolocal.es

g) Páxina web: http://www.concellomuinos.com

h) Data límite de obtención de documentos e información adicional: dez (10) primeiros días do prazo de presentación de proposicións e documentación.

i) O prego de cláusulas administrativas particulares, o prego de prescricións técnicas e o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico do servizo están integramente publicados no perfil do contratante: (http://www.depourense.es/web/contratacion.htm) e na páxina web do concello (http://www.concellomuinos.com).

9. Prazo de presentación da documentación e das proposicións.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG), das 9.00 ás 14.00 horas (cláusula XI do PCAP); o anuncio de licitación publícase tamén no Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) e as bases íntegras no perfil do contratante (www.depourense.es) e na páxina web do concello (http://www.concellomuinos.com).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula IX).

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Muíños (cláusula XI do PCAP).

10. Cualificación da documentación xeral e apertura das proposicións.

a) Data: o terceiro día hábil (agás sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 10.30 horas; logo, ás 12.00 horas do mesmo día e no mesmo lugar, apertura do sobre nº 2, se non existisen deficiencias que emendar (cláusula XII do PCAP).

b) Lugar: salón de de sesións do Concello de Muíños.

11. Criterios de adxudicación.

Os que figuran na cláusula XIII do prego de cláusulas administrativas particulares:

• Redución das tarifas que aboarán os usuarios do servizo de residencia, de 0 a 15 puntos.

• Redución das tarifas que aboarán os usuarios do servizo de centro de día, de 0 a 10 puntos.

• Canon anual que o licitador se compromete a aboar ao concello pola explotación do servizo, de 0 a 10 puntos.

• Proxecto de explotación, de 0 a 10 puntos.

12. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario ata un importe máximo de 1.500,00 euros.

13. Outras informacións.

As recollidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas correspondentes a este procedemento, publicadas no perfil de contratante, o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico do servizo público de atención á terceira idade Residencia e Centro de Día do concello de Muíños (BOP do 23.10.2013), así como demais documentación que integra o expediente.

Muíños, 18 de novembro de 2013

Plácido Álvarez Dobaño
Alcalde