Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monforte de Lemos

ANUNCIO de información pública sobre centro de tratamento de vehículos ao final da súa vida útil no polígono do Reboredo.

Neste concello estase a tramitar expediente promovido por Jacinto Álvarez García, en nome e representación de Desguaces Lemos, S.L.U., para a obtención de licenza de actividade de centro de tratamento de vehículos ao final da súa vida util, no polígono do Reboredo, parcela 10 A, Monforte de Lemos.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, respectivamente, ao obxecto de que o poidan examinar, na Secretaría do concello, en horas de oficina, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Monforte de Lemos, 4 de novembro de 2013

Severino Rodríguez Díaz
Alcalde