Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45780

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se fai pública a asunción da competencia delegada polo Concello de Entrimo.

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3º da Lei 7/1985, e en cumprimento do que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 25 de outubro de 2013, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Entrimo (recadación dos gastos derivados da execución subsidiaria de actos administrativos) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19.9.1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 30 de outubro de 2013

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense