Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45707

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (257/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 257/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Daniel Balado Gómez contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo decisión se xunta:

«Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Daniel Balado Blanco fronte á entidade Limpiezas El Polígono, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión (ao non ser posible a readmisión por cesamento de actividade da empresa, segundo a manifestación do demandante).

2º. A indemnización segundo o disposto no número anterior sería de 7.463,70 € (euros).

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Lugo.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2013

A secretaria xudicial