Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (72/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 72/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Arcos Ordóñez contra as empresas Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L., sobre despedimento, se ditou decreto con data do 4 de novembro de 2013, cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Expedir o oportuno mandamento a favor de María Josefa Arcos Ordóñez por importe de 536,13 euros en concepto de xuros.

– Dado que existe un sobrante de 1.004,04 euros, transfírase esta cantidade á execución de títulos xudiciais 243/2012 que se segue neste xulgado, ingresándose na conta
5076 0000 64 0213 12.

– Dar por rematado este procedemento de execución seguido por instancia de María Josefa Arcos Ordóñez fronte a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L.

Arquívese este procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta aberta en Banco Español de Crédito, debendo indicar no campo concepto, a indicación “Recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, coa indicación “Recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Mercado Tropical, S.L., Kilo Grill, S.L. e Districard Santiago, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

A secretaria xudicial