Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Luns, 25 de novembro de 2013 Páx. 45705

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (91/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 91/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Rama Mosquera contra a empresa Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L., Sanrent, S.L. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Que estimando integramente as demandas interpostas por José Antonio Rama Mosquera, contra Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L. e o Fogasa, debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e as demandadas por incumprimento contractual grave imputable ás demandadas, e debo declarar e declaro improcedente o despedimento do demandante efectuado polas demandadas o día 31 de xaneiro de 2013 con data de efectos do 15 de febreiro de 2013 con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo dito despedimento, por non ser realizable a readmisión, e debo condenar e condeno Autos 33, S.A., Apv Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L. a que, de forma solidaria, aboen a José Antonio Rama Mosquera a suma de doce mil catrocentos e sesenta e cinco euros con sesenta céntimos (12.465,60 €) polos conceptos indicados no feito probado segundo da presente resolución, máis os xuros de demora do 10 % sobre a devandita cantidade conforme o artigo 29.3 do ET, e a suma de sesenta e dous mil catorce euros con catorce céntimos (62.014,14 €) en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade subsidiaria do Fogasa, observarase o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución se entregará ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Autos 33, S.A., APV Motor, S.A., Millarent, S.L. e Sanrent, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

A secretaria xudicial