Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45395

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (117/2013).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:

«Sentenza.

Ourense, doce de xullo de dous mil trece

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Ins-tancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 117/2013 sobre a resolución contractual, promovidos por instancia da entidade Man Financial Services España, S.L., representada pola procuradora Sra. Vega Avelaira, asistida polo letrado Sr. López Cano, contra a entidade Excavaciones Folgoso, S.L., José Antonio Fidalgo Seara e José Ricardo Blanco Ramos, todos eles en situación de rebeldía neste procedemento.

Ditamino que estimando a demanda formulada pola representación da entidade Man Financial Services España, S.L. contra a entidade Excavaciones Folgoso, S.L., José Antonio Fidalgo Seara e José Ricardo Blanco Ramos, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento do camión matrícula 2111 GHN, subscrito entre as partes o día 4 de setembro de 2008, e condeno a entidade demandada á devolución do vehículo e a todos os demandados a aboarlle solidariamente á demandante a cantidade de trinta e sete mil nove euros e corenta e seis céntimos en concepto de rendas vencidas e impagadas ata xaneiro de 2013, máis a cantidade a que ascendan as rendas devindicadas ata a data de entrega do camión, incrementadas nun 50% das rendas que se xeren desde a restitución do vehículo ata a finalización do contrato, e impoño expresamente aos demandados as custas deste procedemento.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

María José González Movilla. Asinado e rubricado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro dos demandados Excavaciones Folgoso, S.L., José Antonio Fidalgo Seara e José Ricardo Blanco Ramos, expídese a presente para que lles sirva de notificación en forma.

Ourense, 4 de outubro de 2013