Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45397

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (448/2012).

María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente fai saber que neste procedemento, seguido por instancia de Lobelle, S.L. fronte a Voladuras y Perforaciones Mineras, S.A. e Fernando Chafer Oltrá, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013.

Vistas por Lorena Tallón García, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela as actuacións correspondentes ao xuízo ordinario 448/2012 seguidas ante este xulgado por instancia de entidade Lobelle, S.L.U., representada pola procuradora Soledad Sánchez Silva e asistida polo letrado Evaristo Nogueira Pol, fronte a Voladuras y Perforaciones Mineras, S.A. e Fernando Chafer Oltrá, ambos en situación de rebeldía procesual, en reclamación de cantidade.

Dispoño que debo admitir e admito integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Sánchez Silva, en representación de Lobelle, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno, solidariamente, os demandados, Voladuras y Perforaciones Mineras, S.A. e Fernando Chafer Oltrá, que se pagará á demandante a cantidade vinte e seis mil trescentos corenta e seis euros con dezanove céntimos (26.346,19 €), máis os xuros legais xerados desde a interpretación xudicial, así como os xuros de demora procesual previstos no artigo 576 da LAC, todo iso con expreso pronunciamento de condena en custas aos demandados.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágase saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, ante este xulgado e para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña, recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación, logo de consignación do depósito preceptivo.

Únase esta sentenza ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado e expídase testemuño para a súa incorporación a estas actuacións.

Así o acordo e asino».

E para que lle sirva de notificación en forma á entidade demandada Voladuras y Perforaciones Mineras, S.A., en situación de rebeldía e cuxo domicilio se descoñece, expido, selo e asino o presente edicto.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

A secretaria xudicial