Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45394

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Ourense

EDICTO (360/2013).

Francisco Javier Crespo Martín, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2, dou fe que en xuízo verbal 360/2013 F ditouse o 2.7.2013 sentenza, cuxo encabezamento e resolución conteñen:

Xuíza que a dita: Nuria Luisa Casero Sánchez.

Lugar: Ourense.

Data: 2 de xullo de 2013.

Demandante: Comunidade de Propietarios da avenida Buenos Aires 254 e rúa do Liño 1 e 3.

Avogado: Julián Besteiro Álvarez.

Procuradora: María Gloria Sánchez Izquierdo.

Demandado: Jairo Yáñez Quintas, en situación procesual de rebeldía.

Procedemento: xuízo verbal 360/2013.

«Que debo estimar e estimo a demanda presentada pola Comunidade de Propietarios da avenida Buenos Aires, 254 e rúa do Liño 1 e 3, contra Jairo Yáñez Quintas, e en consecuencia condenar ao citado demandado a que aboe á demandante a cantidade de 3.788,61 euros en concepto de cotas e gastos impagados, cantidade que será incrementada cos xuros legais desde o 26.6.2013 ata a data da presente resolución e desde esta data ata o seu completo pagamento, cos xuros procesuais do artigo 576 LAC, con expresa imposición de custas causadas nesta instancia».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jairo Yáñez Quintas, expido o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 17 outubro de 2013