Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45392

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (48/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento conflitos colectivos 48/2013-MAY deste tribunal, seguido por instancia de Confederación Intersindical Galega, Federación de Actividades Diversas do sindicato nacional de Comisións Obreiras, contra Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT), Asociación Galega de Empresarios de Servicios Sociales (AGESS), Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y Ayuda a Domicilio de Galicia (AESSADG), sobre conflito colectivo, se ditou resolución co particular do teor literal seguinte:

«Resolvemos que estimamos a demanda presentada pola Federación de Actividades Diversas do sindicato nacional de Comisións Obreiras e a Confederación Intersindical Galega, a que se adheriu a Unión Xeral de Traballadores, e contra a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a Asociación Galega de Empresarios de Servicios Sociales (AGESS), e contra a Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y Ayuda a Domicilio (AESSADG) e, en consecuencia, declaramos vixente e de obrigada aplicación o II Convenio colectivo para a actividade de axuda a domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia mentres non se produza a entrada en vigor do convenio colectivo que teña que substituílo. Condénanse as demandadas a se ater a esta declaración, así como ao aboamento efectivo dos traballadores incluídos dentro do ámbito do conflito das cantidades que se lles poidan deber pola indebida aplicación do convenio colectivo estatal, así como dos atrasos xerados.

Modo de impugnación. Advírtese ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo, que deberá ser preparado por comparecencia ou mediante escrito na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación (artigo 208 e seguintes da LXS). Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 600 euros na conta aberta en Banesto, a nome desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co núm. 1552 0000 37 0048 13, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no momento da preparación; igualmente, deberá ter consignado naquela conta de depósitos a cantidade obxecto de condena, ou xuntar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta sala coa preparación do recurso.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma á Asociación de Empresarios de Servicios Sociales y Ayuda a Domicilio de Galicia (AESSADG), expido este edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2013

A secretaria xudicial