Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 21 de novembro de 2013 Páx. 45390

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2995/2011).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2995/2011, seguido por instancia de Bárbara Lusquiños Armesto contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e Figon Tabernas Selectas, S.L., sobre orfandade, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola letrada da Administración da Seguridade Social, na representación que posúe do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza ditada o 16 de febreiro de 2011 polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, en autos seguidos por instancia de Bárbara Lusquiños Armesto, en nome e representación da súa filla menor de idade Arantxa Rosa Otero Lusquiños, contra a entidade recorrente, sobre orfandade, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. En canto sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, as condicións e a contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación á patronal Figon Tabernas Selectas, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Campo Castelo, 47, Lugo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 29 de outubro de 2013

A secretaria xudicial