Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44607

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (111/2013).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento modificación substancial de condicións laborais 111/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Montserrat Espiña Moure contra a empresa Limpiezas El Polígono, S.L. sobre mobilidade xeográfica e funcional, se ditou a seguinte resolución cuxo ditame é o seguinte:

«Resolvo que estimando integramente a demanda interposta por María Montserrat Espiña Moure contra Limpiezas El Polígono, S.L., debo declarar e declaro a nulidade de pleno dereito da medida de redución da xornada de traballo da demandante, adoptada pola mercantil Limpiezas El Polígono, S.L., notificada por escrito do 31.12.2012 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a mercantil demandada a se ater a esta declaración e a repor a demandante na súa anterior xornada de traballo de 21 horas semanais, cos mesmos horarios que viña realizando e as retribucións correspondentes, sen prexuízo do que resulte do procedemento de execución de títulos xudiciais que se segue para a execución da sentenza nº 358/2012, ditada nos autos nº 181/2012 deste xulgado e, así mesmo, debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante os danos e perdas ocasionados pola decisión empresarial durante todo o tempo en que produciu efectos, ocasionados desde a data en que operou a redución, o 1.2.2013, e que se concretan no pagamento das retribucións correspondentes á xornada reducida de 7 horas semanais desde a data da redución e ata que se produza a reposición da demandante á súa anterior xornada de traballo de 21 horas semanais, con regularización da súa nómina e aboamento das correspondentes cotizacións á Seguridade Social.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 138.6 da Lei reguladora da xurisdición social).

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Limpiezas El Polígono, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial