Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade: O programa operativo Feder Galicia 2007-2013, cofinanciado polo programa operativo Feder de Galicia 2007-2013 nun 80 %, eixe 7. Asistencia técnica do programa operativo Feder, tema prioritario 86.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 02/2013.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19317

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña de publicidade: O programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 149, do 6 de agosto de 2013.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

5. Formalización.

a) Data: 28 de outubro de 2013.

b) Contratista: Canle de Comunicación, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

P.D. (Orde 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda