Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44604

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (86/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario número 86/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio Manuel Casanova Lameiro contra as demandadas arriba citadas, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución desta data, en que se acordou ampliar a demanda contra Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L. e expediuse a seguinte:

Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1 de Lugo.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 86/2013.

Persoa que se cita: Julio Reguera Santos, Reguera Trans, S.L. e Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., como partes demandadas.

Obxecto da citación.

Asistir nesa condición ao/s acto/s de conciliación e, de ser o caso, xuízo, coas probas de que se intenten valer e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lles formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer.

Deben comparecer o día 21.2.2014, ás 10.45 horas na sede do Xulgado do Social número 1 de Lugo, sita no 4º andar, sala 9, Edificio Xulgados, ao acto de conciliación ante o/a secretario/a xudicial e, en caso de non avinza, ás 10.45 horas do mesmo día, no 4º andar, sala 9, Edificio Xulgados, ao acto de xuízo.

Prevencións legais.

1. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LPL/LXS).

2. Fáiselles saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación –procurador ou graduado social para a súa representación–, o que se lles comunica para os efectos oportunos.

3. Deben asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se intenten valer (artigo 82.2 LPL/ 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberán comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, se teñen que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.2 LPL/90.3 LXS).

4. Advírtese que a parte demandante solicitou como proba o interrogatorio dos demandados.

Para tal efecto, indícase que, se non comparecen, se poderán considerar certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resulten en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 LPL/LXS).

5. Deben comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 53.2 LXS/155.5 parágrafo 1º da LAC) fáiselles saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesado, e de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6. Tamén deberá comunicar, e antes da súa realización, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocado (artigo 83 LPL/LXS 183 LAC).

7. As partes poderán formalizar conciliación para evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar a data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que poidan estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que isto supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación ás demandadas Reguera Trans, S.L. e Explotaciones Agrícolas Ifre, S.L., expídese este edicto.

Lugo, 25 de outubro de 2013

O secretario xudicial