Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44602

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (166/2011).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que en virtude do acordado na execución de títulos xudiciais 166/2011, por instancia de Dorel Chilianu contra Francisco Javier Torviso Martínez, por un principal de 11.778,61 euros máis 721,39 euros provisionalmente calculados para custas e xuros, por medio deste edicto anúnciase a venda en pública poxa, por termo de vinte días, do predio catastral número 8426317PJ5282N0012BZ.

A poxa terá lugar o día 17 de decembro de 2013, ás 11.00 horas, na sala de audiencias da oficina xudicial, sita na r/ Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo.

A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación sobre o inmoble ou inmobles que se poxan, estarán de manifesto na oficina xudicial, sede do órgano de execución e nos lugares públicos de costume ata a data de realización da poxa e publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existen títulos, e que as cargas e gravames, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistindo e que, polo único feito de participar na poxa, o licitador os admite e acepta quedar subrogado na responsabilidade derivada daqueles se o remate se adxudica ao seu favor.

Para tomar parte na poxa os licitadores deberán depositar previamente na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, aberta na entidade Banesto, e con número de conta, o 30 % do valor do predio para efectos de poxa. Unha vez aprobado o remate, devolveránselles as cantidades a aqueles que participen nela, excepto ao mellor licitador, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do órgano xudicial, para o caso en que o rematante non consignase o resto do prezo. Deberá consignar, así mesmo, no dito xustificante se, de ser o caso, as cantidades ingresadas pertencen en todo ou parte a un terceiro, e identificalo adecuadamente.

Poderanse realizar ofertas por escrito desde o anuncio da poxa ata a súa realización.

Sácase a poxa o predio catastral número 8426317PJ5282N0012B, sito na rúa Rodríguez Murias, 16, escaleira 1, 2º C, de Ribadeo, Lugo. Superficie 109 m2.

Valorada en 148.420 euros.

E en cumprimento do acordado, expido este edicto.

Lugo, 16 de outubro de 2013

O secretario xudicial