Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44601

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (615/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 615/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Irina Escobar Bregua contra a empresa Ángel Manuel Riveiro Caamaño e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

Que con estimación da demanda formulada por Irina Escobar Bregua contra a empresa Ángel Manuel Riveiro Caamaño, debo declarar e declaro improcedente o despedimento da demandante, condenando a empresa demandada a que no prazo de cinco días opte pola readmisión da traballadora, co aboamento dos salarios de tramitación, que ata a data da presente sentenza ascenden a sete mil oitocentos trinta e seis euros con cincuenta céntimos (7.836,50 euros) ou o aboamento á demandante, en concepto de indemnización, da cantidade de dous mil oitocentos cincuenta e catro euros con setenta e dous céntimos (2.854,72 euros).

Absolvo o Fogasa das pretensións formuladas na súa contra nesta instancia.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela só cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza e, no mesmo termo, se o recorrente non ten recoñecido o dereito da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ángel Manuel Riveiro Caamaño, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial