Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44599

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1069/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1069/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mar Soto García, Verónica Moar Quintela, Olga Patricia Paniagua Valdés, Sonia Sofía Pereira de Oliveira, Beatriz Abal Pérez e María Pilar Cotón Montero contra a empresa Confecciones Sangüesa, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Confecciones Sangüesa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando a falta de lexitimación pasiva alegada polo Fogasa, debo desestimar e desestimo, sen entrar a coñecer sobre o fondo do asunto, a demanda formulada por Olga Patricia Paniagua Valdés, María Pilar Soto García, Verónica Moar Quintela, Sonia Sofía Pereira de Oliveira, Beatriz Abal Pérez e María Pilar Cotón Montero contra a empresa Confecciones Sangüesa, S.L., Fogasa e administración concursal.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 1069 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1069 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza substituta que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Sangüesa, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial