Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1090/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1090/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia López Rouco contra a empresa Confecciones Sangüesa, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Confecciones Sangüesa, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando a demanda formulada por Sonia López Rouco contra a empresa Confecciones Sangüesa, S.L., debo declarar e declaro o dereito da demandante a percibir as cantidades reclamadas, que ascenden a un total de tres mil douscentos vinte e seis euros con trinta e tres céntimos, e debo condenar e condeno a empresa Confecciones Sangüesa, S.L. a que lle aboe á demandante a dita cantidade.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co núm. 1533 0000 36 1090 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1090 11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza substituta que a ditou, en audiencia pública do día da data. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Sangüesa, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial