Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (933/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 933/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Olivera Corbo contra a empresa Fontgas Multiservicios, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando a demanda formulada por Fernando Olivera Corbo contra a empresa Fontgas Multiservicios, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de cinco mil cincocentos corenta e oito euros con trinta e sete céntimos e, en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, se ateña a esta declaración, lle aboe ao demandante a dita cantidade.

Ningunha responsabilidade ten o Fogasa nesta instancia, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria conforme o artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número
1533 0000 36 0933 11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0933 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza substituta que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fontgas Multiservicios, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial