Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44593

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (364/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 364/2013, deste xulgado do social, seguidos por instancia de Francisco Raposo Santaya, contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. Esoga, Construcciones Pepe, S.L., Fogasa e administración concursal, sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo Francisco Raposo Santaya contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. e Construcciones Pepe, S.L., con intervención procesual da administración concursal da primeira citada e do Fogasa, e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento.

2. Considérase efectuada a opción a prol da indemnización, declárase a extinción da relación laboral con data desta resolución e condénase a demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 42.082,70 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta en Banesto a nome deste xulgado, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Pepe, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de outubro de 2013

A secretaria xudicial