Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44589

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados

EDICTO (427/2012).

Begoña Acha Barral, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso nº 427/2012 seguido por instancia de Magdalena Chaves Patón fronte a Pablo Gándara Faro ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza nº 110/2013.

En Cambados o 14 de outubro de 2013.

Vistos por min, Olga Martín Álvarez, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados e o seu partido xudicial, os presentes autos de divorcio contencioso nº 427/2012, seguidos por instancia de Magdalena Chaves Patón, representada pola procuradora dos tribunais Ana María Fernández Chamorro e baixo a asistencia letrada de Margarita Aguín Trelles, fronte a Pablo Gándara Faro, que non compareceu logo de ser debidamente citado, polo que foi declarado en situación de rebeldía procesual. Non interveu o Ministerio Fiscal.

Decido que estimo integramente a demanda deducida por Magdalena Chaves Patón, representada pola procuradora dos tribunais Ana María Fernández Chamorro e baixo a asistencia letrada de Margarita Aguín Trelles, fronte a Pablo Gándara Faro, que non compareceu logo de ser debidamente citado, polo que foi declarado en situación de rebeldía procesual, e, en consecuencia, decrétase a disolución por divorcio do matrimonio contraído polas partes o 9 de maio de 2009 na Illa de Arousa, inscrito no Rexistro Civil da Illa de Arousa no tomo 2, páxina 109 da sección 2ª.

Decrétase a disolución da sociedade de gananciais.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de apelación na forma e nos prazos previstos nos artigos 457 e seguintes da LAC, así como o establecido en relación coas sentenzas ditadas en rebeldía nos artigos 500 e seguintes da LAC».

E estando o dito demandado, Pablo Gándara Faro, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Cambados, 14 de outubro de 2013

A secretaria xudicial