Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44587

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (241/2013).

Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal nº 242/13-N, seguido por instancia de Costas y Otero, S.L. fronte a Belgrano Reformas y Servicios Gral., S.L. ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Flora Lomo del Olmo.

Lugar: Vigo.

Data: sete de outubro de dous mil trece.

Demandante: Costas y Otero, S.L.

Avogado: Fernando Camba Rodríguez.

Procuradora: María Miranda Valencia.

Demandada: Belgrano Reformas y Servicios Gral., S.L.

Procedemento: xuízo verbal 241/2013-N (ETS-demais).

Decido que, estimando a demanda promovida pola procuradora María Miranda Valencia, en nome e representación da entidade Costas y Otero, S.L. fronte á mercantil Belgrano Reformas y Servicios Gral., S.L., debo condenar e condeno a esta a aboarlle a cantidade de 856,20 euros máis os xuros previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, de medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación. A presente resolución non é susceptible de recurso ningún, ao non exceder a contía reclamada de 3.000 euros.

Así por esta a miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose a devandita demandada, Belgrano Reformas y Servicios Gral., S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 9 de outubro de 2013

O secretario xudicial