Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44556

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica o artigo 18 da Resolución do 21 de xuño de 2013, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade do 21 de xuño de 2013 regúlanse as bases que rexen o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e convócanse as ditas axudas para o ano 2013 (DOG nº 124, do 2 de xullo).

O artigo 18 da Resolución do 21 de xuño de 2013 establece o día 15 de novembro de 2013 como data de remate do prazo para a xustificación das axudas concedidas ao abeiro desta. Considerando que de acordo coa disposición adicional da convocatoria se delega nas xefaturas territoriais da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a resolución de concesión e, por conseguinte, o crédito foi desconcentrado nas devanditas xefaturas, e estando pendente parte da total resolución dos expedientes, é preciso modificar o artigo 18 para establecer un novo prazo que permita a axeitada xustificación por parte das entidades que resulten beneficiarias.

Por todo o exposto, no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o punto 1 do artigo 18 da Resolución do 21 de xuño de 2013, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013, sendo o prazo para xustificar o 15 de decembro de 2013. Admitiranse as xustificacións ata esa data.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2013

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade