Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44555

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 6037-2013, en relación coa disposición adicional sexta da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, por posible vulneración do artigo 149.1.6 da CE.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 5 de novembro actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 6037-2013 formulada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no procedemento ordinario núm. 5365-1997, en relación coa disposición adicional sexta da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, por posible vulneración do artigo 149.1.6 da CE, e, de conformidade co disposto no artigo 10.1.c) LOTC, deferir á Sala Segunda, á que por quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento da presente cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 LOTC, os que sexan parte no procedemento 5365-1997 poderán comparecer ante este tribunal dentro dos quince días seguintes á publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 5 de novembro de 2013

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional