Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por instalacións eléctricas, aproveitamento hidroeléctrico de Fervenza II (Dumbría e Mazaricos) (expediente IN408A 2005/11-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións do aproveitamento hidroeléctrico de Fervenza II, nos termos municipais de Dumbría e Mazaricos (expediente IN408A 2005/11-1), pola Resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 19 de agosto de 2013, a favor da entidade beneficiaria Ferroatlántica, S.A.U. con enderezo na estrada ao Mirador, s/n, O Ézaro, 15297 Dumbría (A Coruña).

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 27 de novembro de 2013 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Dumbría, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no diario La Voz de Galicia con datas do 25 de xuño de 2013, 2 de xullo de 2013 e 22 de xuño de 2013, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 1 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña