Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2013/214-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parc.19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: reforma e cambio situación CT Salceda-grupo escolar.

Situación: Salceda de Caselas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 140 metros de lonxitude, con orixe no último apoio da LMTA xeral Budiño-Salceda e final no CT proxectado grupo escolar. Centro de transformación, en caseta prefabricada, de 250 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado na rúa Rosalía de Castro, Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de outubro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra