Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a proposta de resolución do expediente sancionador E.S. 2013/73.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 28 de outubro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesada: Centro Técnico del Noroeste, S.L.

CIF: B15011992.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.

Infracción: artigo 31.2 da Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e artigo 33.3 da Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguranza industrial de Galicia.