O 2 de outubro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2013030AL-CO incoado a Aves Santa Cecilia, S.L.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Aves Santa Cecilia, S.L. o contido da dita resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, recadación Xunta; no BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou no Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 23 de outubro de 2013
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2013030AL-CO.
Interesada: Aves Santa Cecilia, S.L., (Carnicería Aves Santa Cecilia).
DNI/NIF/CIF: B70082771.
Último enderezo coñecido: Mercado Recimil, 53,15403 Ferrol.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública, artigo 57.1.c) 1º e 3º. Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigos 6, 50 e 51. Real decreto 1334/1999, do 31 de xullo, sobre normas xerais de etiquetaxe, presentación e publicidade de produtos alimenticios, artigo 5. Real decreto 1376/2003, do 7 de novembro, polo que se establecen as condicións sanitarias de produción, almacenamento e comercialización das carnes frescas e os seus derivados nos establecementos de comercio polo miúdo, artigos 3 e 4. Anexo, capítulo I, capítulo II. Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, anexo II, capítulo I, capítulo X.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 5.000 € (cinco mil euros).