Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013324AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 2 de outubro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013324AL-CO incoado a Mª Soledad Ramírez Barrul.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Mª Soledad Ramírez Barrul o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 23 de outubro de 2013

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2013324AL-CO.

Interesada: Mª Soledad Ramírez Barrul.

DNI/NIF/CIF: 47380639H.

Último enderezo coñecido: rúa Lagoas 4, 1º C, 15002 A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos, artigo 2.1.a), b) 1º 2º 3º e c) 1º 2º 3º 2, e artigo 6.1 e 2.

Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigo 50.1.a) 1 e artigo 51.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 100 € (cen euros).