Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 18 de novembro de 2013 Páx. 44636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos do Clúster de Biotecnología de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación onde se reflicte o acordo acadado pola Asemblea Xeral extraordinaria do citado clúster, na cal se recolle a modificación dos artigos 4, 19 e 21 dos estatutos do clúster.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social