Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44454

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2013 pola que se ordena a publicación da Resolución do 4 de novembro de 2013, do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati), pola que se crean e regulan os seus ficheiros de datos de carácter persoal.

O 7 de febreiro de 2013, as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo asinaron un convenio de colaboración para a creación do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati). Con esta mesma data asinouse a escritura pública de creación do consorcio.

Ao abeiro do artigo 6.5 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o convenio e a creación do Consorcio Itmati foi publicado no Diario Oficial de Galicia con data do 4 de marzo de 2013.

O Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati) é un consorcio público formado polas tres universidades galegas e que se rexe por normas públicas.

Mediante a Resolución do Itmati do 4.11.2013 créanse e regúlanse os ficheiros de datos de carácter persoal denominados Xestión de actividades; Xestión de provedores, clientes e colaboradores e Xestión de persoal propio, investigadores adscritos e investigadores colaboradores do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati).

Esta resolución é necesario publicala nun diario oficial para os efectos da lexislación de protección de datos, polo que procede ordenar a súa publicación.

Por todo o anterior, esta reitoría

RESOLVE:

Ordenar a publicación da Resolución do Itmati do 4.11.2013, pola que se crean e regulan os ficheiros de datos de carácter persoal do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati), que se engade como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2013

Juan J. Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Resolución do 4 de novembro de 2013 pola que se crea e se regulan os ficheiros de datos de carácter persoal denominados Xestión de persoal propio, investigadores adscritos e investigadores colaboradores; Xestión de provedores, clientes e colaboradores e Xestión de actividades do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati).

O 7 de febreiro de 2013, as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo asinaron un convenio de colaboración para a creación do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati). Con esta mesma data asinouse a escritura pública de creación do consorcio.

Ao abeiro do artigo 6.5 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o convenio e a creación do Consorcio Itmati foron publicados no Diario Oficial de Galicia con data do 4 de marzo de 2013.

O Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati) é un consorcio público formado polas tres universidades galegas e que se rexe por normas públicas.

A disposición adicional segunda.2 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación ou modificación dos ficheiros das administracións públicas só poderá facerse mediante a disposición xeral correspondente.

Para o funcionamento correcto do Itmati cómpre crear varios ficheiros de protección de datos de carácter persoal que abranguen a totalidade da xestión do citado consorcio.

Na súa virtude, e co fin de darlle cumprimento ao mandato legal do artigo 20 da LOPD, sobre creación ou modificación de ficheiros que conteñan datos de carácter persoal, e de lles asegurar aos administrados o exercicio dos seus lexítimos dereitos,

DISPOÑO:

Primeiro. Créanse os ficheiros nº 1. Xestión de persoal propio, investigadores adscritos e investigadores colaboradores; nº 2. Xestión de provedores, clientes e colaboradores e nº 3. Xestión de actividades.

A súa descrición contense no anexo I desta resolución, onde se indica o nivel de medidas de seguridade de cada un, en aplicación do Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Segundo. Os ficheiros que se indican no anexo I rexeranse polas disposicións xerais e instrucións que se detallen e estará sometido, en todo caso, ás normas legais e aos regulamentos de superior rango que lles sexan aplicables.

Terceiro. A aprobación desta resolución non supón a supresión de ningún ficheiro de datos de carácter persoal, polo que non é necesaria a aplicación do disposto no artigo 20.3º da LOPD.

Cuarto. O ficheiro ten finalidade científica e, ademais das cesións previstas para cada un dos ficheiros, poderanse realizar cesións sempre que así se recolla nunha norma ou para os efectos de lles remitir datos aos servizos estatísticos, tanto estatais como da Comunidade Autónoma, para o desenvolvemento das funcións propias destes servizos ou entidades e cos límites establecidos na lei.

Quinto. Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013. Francisco González García, Presidente do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati).

ANEXO I

– Ficheiro nº 1, Xestión de persoal propio, investigadores adscritos e investigadores colaboradores.

a) Identificación do ficheiro:

Ficheiro para a xestión de persoal propio, investigadores adscritos e investigadores colaboradores.

b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Presidente do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati). Vicerreitoría de Investigación e Innovación. Pazo de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Xerencia do Itmati, rúa Lope Gómez de Marzoa, Facultade de Matemáticas, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Carácter informatizado ou manual do ficheiro:

Ficheiro de carácter mixto.

e) Medidas de seguridade:

Medidas de nivel básico.

f) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI/NIF/NIE, nº SS/mutualidade, nº de rexistro persoal, enderezo postal, correo electrónico, teléfono, imaxe/voz etc.

Outro tipo de datos: académicos e profesionais.

g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos:

Ficheiro de datos de carácter persoal que engloba a xestión de recursos humanos do Itmati.

h) Tipificación da finalidade e usos previstos:

Recursos humanos, xestión de nómina, prevención de riscos laborais etc.

i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:

Empregados, demandantes de emprego, investigadores adscritos e investigadores colaboradores.

j) Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:

Os propios interesados ou os seus representantes legais, entidades privadas e administracións públicas.

k) Órganos e entidades destinatarias das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais:

Asociacións e organizacións sen ánimo de lucro, universidades e centros de investigación.

– Ficheiro nº 2, Xestión de provedores, clientes e colaboradores.

a) Identificación do ficheiro:

Ficheiro para a xestión de provedores, clientes e colaboradores.

b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Presidente do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati), Vicerreitoría de Investigación e Innovación. Pazo de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Xerencia do Itmati, rúa Lope Gómez de Marzoa, Facultade de Matemáticas, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Carácter informatizado ou manual do ficheiro:

Ficheiro de carácter mixto.

e) Medidas de seguridade:

Medidas de nivel básico.

f) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI/NIF/NIE, enderezo postal, correo electrónico, teléfono etc.

Outro tipo de datos: académicos e profesionais, información comercial, transaccións de bens e servizos.

g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos:

Ficheiro de xestión de datos de carácter persoal que engloba a xestión integral de provedores, clientes e colaboradores do Itmati.

h) Tipificación da finalidade e usos previstos:

Xestión contable fiscal e administrativa, xestión de provedores, clientes e colaboradores etc.

i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:

Provedores, clientes, colaboradores e solicitantes.

j) Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:

Os propios provedores, clientes e colaboradores interesados ou os seus representantes legais.

k) Órganos e entidades destinatarias das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais:

Non se prevén cesións.

– Ficheiro nº 3, Xestión de actividades.

a) Identificación do ficheiro:

Ficheiro para a xestión de actividades.

b) Órgano, ente ou autoridade administrativa responsable do ficheiro:

Presidente do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati), Vicerreitoría de Investigación e Innovación. Pazo de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Órgano, servizo ou unidade en que se deberán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición:

Xerencia do Itmati, rúa Lope Gómez de Marzoa, Facultade de Matemáticas, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Carácter informatizado ou manual do ficheiro:

Ficheiro de carácter mixto.

e) Medidas de seguridade:

Medidas de nivel básico.

f) Tipos de datos de carácter persoal que se incluirán no ficheiro:

Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, DNI/NIF/NIE, enderezo postal, correo electrónico, teléfono, fax, imaxe/voz etc.

Outro tipo de datos: académicos e profesionais, biográficos.

g) Descrición detallada da finalidade do ficheiro e usos previstos:

Ficheiro de xestión dos datos de carácter persoal que engloba a xestión integral de actividades do Itmati.

h) Tipificación da finalidade e usos previstos:

Investigación, actividades educativas, publicacións científicas etc.

i) Persoas ou colectivos sobre os cales se pretende obter datos ou que resultan obrigados a subministralos:

Investigadores, colaboradores, usuarios e xestores.

j) Procedencia ou procedemento de recollida dos datos:

Destinatarios das actividades de investigación, estudantes, institucións privadas e administracións públicas, empresas ou os seus representantes.

k) Órganos e entidades destinatarias das cesións previstas, indicando as transferencias internacionais:

Non se prevén cesións.