Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

CÉDULA do 29 de outubro de 2013 pola que se fai pública a notificación de resolución do expediente de baixa no Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, tramitado polo Instituto Galego de Consumo, que foi devolta polo servizo de Correos por resultar o seu domicilio descoñecido.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notificaselle á Asociación de Consumidores e Usuarios A Eira, CIF G 27721703, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co Decreto 95/1984, do 24 de maio, de Rexistro de Organizacións de Consumidores e Usuarios de Galicia, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente que consta no Instituto Galego de Consumo.

Fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias do Instituto Galego de Consumo (Servizo de Información, Cooperación e Fomento), con enderezo na avenida de Gonzalo Torrente Ballester, nº 1-5, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, perante o xulgado contencioso-administrativo onde teña a súa sede o órgano que ditou o acto orixinariamente impugnado, de acordo co disposto no artigo 8.3 en relación 14.1 primeira, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que estimen oportuno.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

Sol Mª Vázquez Abeal
Presidenta do Instituto Galego de Consumo