Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2013 pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria para a contratación do servizo de mantemento e conservación das instalacións do Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Consultivo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19010

2. Obxecto de contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de mantemento e conservación das instalacións do Pazo de Amarante.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 115, do 18 de xuño de 2013.

3. Orzamento base de licitación: 48.400,00 €.

4. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24 de setembro de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 2 de outubro de 2013.

c) Contratista: Ferrovial Servicios, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 26.187,17 €.

Importe total: 31.686,48 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2013

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia