Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44535

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 4 de novembro de 2013, da Área de Planificación e Programación, pola que se somete a información pública a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica AC-303, no seu treito situado entre os puntos quilométricos 1+365 e 3+095.

Unha vez aprobada provisionalmente, por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 4 de novembro de 2013, a delimitación da liña límite de edificación da estrada de titularidade autonómica AC-303, no seu treito situado entre os p.q. 1+365 e 3+095, e de conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 85 do Regulamento xeral de estradas, aprobado polo Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro, sométese esta delimitación a información pública por un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida formular as alegacións que considere pertinentes.

Os documentos que se someten a información pública son o informe da Área de Planificación e Programación do 31 de outubro de 2013, a dita resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 4 de novembro de 2013 e os planos en que se establece a delimitación provisional da liña límite de edificación da estrada autonómica AC-303, no seu treito situado entre os p.q. 1+365 e 3+095.

O expediente estará exposto ao público, en días e horas hábiles de oficina, nos locais da Axencia Galega de Infraestruturas en Santiago de Compostela (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n), na Delegación da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2) e na Casa do Concello de Ribeira (praza do Concello, s/n).

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

Héctor Presas Veiga
Xefe da Área de Planificación e Programación