Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 15 de novembro de 2013 Páx. 44540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 22 de outubro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se notifica a varias persoas a facturación de servizos sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os abaixo relacionados non foron atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non presentar no prazo de 10 días os datos e documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 221/2012, do 31 de outubro (DOG nº 222, do 21 de novembro) polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se debe presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario teléfono 986 56 80 53.

Para que conste, sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula.

Vilagarcía de Arousa, 22 de outubro de 2013

Bibiano Fernández-Arruti López
Xerente executivo

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Porto García José Luis

035453862Y

Klimund Nikita

X8484679W

Gautier Cecile

X07083444L

Calvo Pérez Pedro Rafael

45897123W

Kristudor Oana-Ionela

X07885722B

Trigo Goris Andrés

035482740L

Novas Hay Eusebio

077411105M