Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44321

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1081/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1081/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eliseo Lesta Vidal contra a empresa Torrerio y Candal, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando a demanda interposta por Eliseo Lesta Vidal debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidades reclamadas polo concepto de salarios e, en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa Técnicas Instalaciones Coruña, S.L. a que estando e pasando por tal declaración aboe a cantidade global de catro mil trecientos vinte e tres euros con sesenta e tres céntimos.

Debo absolver e absolvo o Fogasa ao non lle alcanzar ningunha responsabilidade nesta instancia, ao igual que ao administrador concursal.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1081 11, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1081 11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza substituta que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Torrerio y Candal, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de outubro de 2013

A secretaria xudicial