Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44323

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1017/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1017/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Suárez Fernández contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que estimando a demanda interposta por Juan Manuel Rodríguez Castro contra a empresa Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de oito mil seiscentos cincuenta e catro euros con oitenta e dous céntimos polos conceptos que se desagregan no feito segundo desta resolución e, en tal sentido, debo condenar e condeno a empresa demandada a que, estando e pasando por tal declaración, lle aboe ao demandante a referida cantidade.

Ningunha responsabilidade alcanza ao Fogasa na presente instancia, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria conforme o artigo 33 do ET.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 1017 11, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1017 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Vázquez y Vidal Construcciones, S.L. expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de outubro de 2013

A secretaria xudicial