Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44297

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información; do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas de información, e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

Mediante a Resolución do 9 de outubro de 2013 (DOG núm. 197, do 15 de outubro) publicáronse as relacións provisionais de admitidos no concurso para a provisión de postos vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información; do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas de información, e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala técnica auxiliar de informática.

Transcorrido o prazo que se establece nela para presentar as correspondentes alegacións, esta dirección xeral

RESOLVE:

Elevar a definitivas as relacións de solicitantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de sistemas e tecnoloxía da información; do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala de xestión de sistemas de información, e do corpo administrativo da Xunta de Galicia, escala técnica auxiliar de informática (DOG núm. 106, do 5 de xuño).

A lista de solicitantes admitidos atópase á disposición dos/das interesados/as no Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe «Función Pública».

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Dirección Xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública