Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44295

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de agosto de 2012 pola que se acorda a publicación do Regulamento dos estudos de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado no Consello de Goberno do 25 de xuño de 2012.

Advertidos erros na dita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 164, do 29 de agosto de 2012, cómpre facer as seguintes correccións:

Páxina 34561:

Onde di: «CAPÍTULO 8 Organización da formación e expediente do alumnado», debe dicir: «CAPÍTULO 6 Organización da formación e expediente do alumnado».

Páxina 34563:

Onde di: «CAPÍTULO 9 Tese de doutoramento», debe dicir: «CAPÍTULO 7 Tese de doutoramento».

Páxina 34570:

Artigo 39. Arquivo da teses de doutoramento

No 2º parágrafo:

Onde di: «Cando se trate de teses con protección de datos, a escola de doutoramento e o Centro de Posgrao habilitarán os procedementos que garantan o cumprimento das garantías do artigo 35.», debe dicir: «Nas circunstancias establecidas no artigo 35, a escola de doutoramento e o Centro de Posgrao habilitarán os procedementos que garantan o seu cumprimento».

Páxina 34573:

Artigo 42. Principios básicos do réxime de cotutela

Onde di: «Enténdese cotutela, na aplicación deste regulamento, como a dirección...», debe dicir: «Enténdese cotutela, en aplicación deste regulamento, a dirección…».

Páxina 34582:

Disposición adicional segunda. Normas de permanencia nos estudos de doutoramento

Onde di: «A normativa de permanencia do estudantado en estudos de doutoramento na USC rexerase polo disposto no capítulo 7...», debe dicir: «A normativa de permanencia do estudantado en estudos de doutoramento na USC rexerase polo disposto no capítulo 5...».