Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 14 de novembro de 2013 Páx. 44292

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

3. Data: do 25 ao 29 de novembro de 2013.

4. Lugar de celebración: Puleva Food, S.L., planta de Lugo, estrada nacional VI, km 505, 27160 Nadela (Lugo).

5. Número de prazas: máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa:

Día 25.11.2013

16.00-16.30 h

Introdución

16.30-17.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas

17.00-18.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases

18.30-20.15 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación

Día 26.11.2013

16.00-17.00 h

Lexislación

17.00-19.30 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria

19.30-20.15 h

Métodos de loita antivectorial

Día 27.11.2013

16.00-18.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas

18.00-20.15 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas

Día 28.11.2013

16.00-18.00 h

Métodos de loita antivectorial

18.00-20.15 h

Técnicas de aplicación de praguicidas

Día 29.11.2013

16.00-17.00 h

Preparación de disolucións de produtos

17.00-18.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas

18.00-19.00 h

Resolución de exercicios prácticos

19.00-20.00 h

Avaliación tipo test

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 25 ao 29 de novembro de 2013.

Lugar de celebración do curso: Puleva Food, S.L., planta de Lugo, estrada nacional VI, km 505, 27160 Nadela (Lugo).

Duración: 20 horas teórico-prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.00 ás 20.15 horas, agás o día 29 de novembro que será das 16.00 ás 20.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase, como data límite o 18 de novembro de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico: saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Telefono:

Fax:

Correo electrónico: