Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44181

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 311/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 311/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Pérez González contra as empresas Unicom Compañía de Seguridad Electrónica, S.L.; ADYS Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A.; a Administración concursal de ADYS Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A.; Nova Galicia Banco, S.A. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo que se rexeita a demanda sobre despedimento formulada por Luis Pérez González fronte ás empresas Unicom Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. e Nova Galicia Banco, S.A., con intervención procesual da Administración concursal da empresa ADYS, S.A. e o Fogasa, declaro procedente o despedimento da parte demandada, condeno a demandada Unicom, S.L. a aboarlle ao demandante 94 euros en concepto de diferenzas na indemnización e absolvo as demandadas respecto das restantes pretensións deducidas na súa contra.

Sen especial imposición de custas procesuais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do prazo indicado.

Advírtase o recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, en caso de ser condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Expídoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na Secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e as leis. Seguidamente, líbrase testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a ADYS Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A., ADYS 2003, en paradoiro ignorado, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de outubro de 2013

A secretaria xudicial