Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44180

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra

EDICTO (1007/2009).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxo encabezamento é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Pontevedra, 20 de xullo de 2013.

Vistos por min, Indalecio Conde González, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra e o seu partido, os presentes autos nº 1007/2009 sobre xuízo ordinario, seguidos perante este xulgado, por instancia do procurador dos tribunais Sr. Sanjuán Fernández, en nome e representación de Recreativos Mafari, S.A., asistido polo letrado Sr. Cuiñas, fronte a Paula Rivadulla Fuentes e Pauvi, S.C., declaradas en rebeldía procesual, de resolución de contrato e reclamación de cantidade, declárase».

Esta resolución está á disposición dos demandados na Secretaría deste xulgado.

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Paula Rivadulla Fuentes e de Pauvi, S.C., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 20 de setembro de 2013

A secretaria xudicial