Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 11 de novembro de 2013 Páx. 43877

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (587/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 587/2013 por instancia de Sergio Gómez Cagiao contra Mantenimientos Hércules, S.L., sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 15 de outubro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Sergio Gómez Cagiao contra Mantenimientos Hércules, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Mantenimientos Hércules, S.L. ao demandante.

– Declárase extinguida a relación laboral que une o demandante Sergio Gómez Cagiao coa empresa Mantenimientos Hércules, S.L.

– Condénase a empresa Mantenimientos Hércules, S.L. ao aboamento da indemnización de dous mil setecentos dezaoito euros con doce céntimos de euro (2.718,12 euros).

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Mantenimientos Hércules, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de outubro de 2013

A secretaria xudicial