Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1339/2012, por instancia de Tatiana Noya Balseiro contra Discorreo, S.L., Telecarta Betanzos, S.C. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que recaeu sentenza con data do 15 de outubro de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
«Decido:
Estímase parcialmente a demanda interposta por Tatiana Noya Balseiro contra Discorreo, S.L. e Telecarta Betanzos, S.C. e, en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Discorreo, S.L. á demandante Tatiana Noya Balseiro.
– Absólvese a Telecarta Betanzos, S.C. das pretensións exercidas contra ela.
– Condénase a Discorreo, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 451,72 euros. O aboamento desta indemnización determina a extinción do contrato de traballo. En caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata esta resolución, ascenden a 5.658,45 euros, aos que se lles terán que engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 15,85 euros diarios.
Notifíqueselles esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».
E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Telecarta Betanzos, S.C., expido e asino este edicto.
A Coruña, 22 de outubro de 2013
A secretaria xudicial